Ruta Romaría de San Xoán do Carballoso

  23 de Junio de 2019
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

Ruta Romaría de San Xoán do Carballoso

Ruta REVIVIR A ROMARÍA DE SAN XOÁN DO CARBALLOSO con Trabandainas

• Data: 23 de Xuño
• Ruta lineal de 20 km
• Dificultade: Media – Alta

• Prezo: 5€ (con dereito á consumición dun pincho de comida ao finalizar a ruta)

 -Peche de inscricións: Mércores, 19 de Xuño ás 23:50 horas 


• Punto de encontro: ás 8:00 en San Xoán do Carballoso  Pincha aquí para obter a ubicación do punto do encontro

 - Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

 - Un autobús levaranos ao punto de saída en Noia para comezar a ruta ás 8:30horas

• Avituallamentos con coches de apoio por se alguén se sinte cansado ou necesita retirarse

  • 1º. Mirou no km 7 aproximadamente
  • 2º Central do Tambre no km 14 aproximadamente. Este avituallamento está situado no merendeiro da Central do Tambre, onde poderemos visualizar una fermosa construcción que case vén a ser unha Catedral nun entorno industrial, pola súa beleza o bo gusto.

A continuación, iniciaremos unha subida ata o Castelo, e preto contemplaremos a "Pedra Serpal", coñecida polos lugareños como "Pedra Berbea", o eterno garda, onde estaremos nun lugar privilexiado para admirar a Ría de Muros e Noia, o Castelo de Nimo e o cañón do Río Tambre, rodeado dunha paisaxe que fará que mereza a pena calquer esforzo realizado

• Punto de chegada: en San Xoán do Carballoso entre as 13:00 e as 14:00 horas. 

Importante levar roupa para cambiar a roupa húmida unha vez cheguemos a San Xoán do Carballoso.

Animádevos a revivir as Romarías como antaño: cun xantar campestre baixo unha carballeira!
Acaso se pode pedir máis?
Un viño da nosa terra ou unha cerveciña galega!!!
E o son dun gaiteiro!

¡REVIVAMOS AS ROMARÍAS!


 

Máis información:
o Teléfono do club: 683 35 42 97
o E-mail: clubtrabandainas@gmail.com
o Facebook Trabandainas: https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175/

 




El periodo de inscripciones ha finalizado