Ruta por Catoira 2025

  30 de Marzo de 2025
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

Ruta por Catoira 2025

RUTA POR CATOIRA

 30 de Marzo 2025 imos realizar a Ruta por Catoira

  • Distancia: 19 km 
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento en Trasdaveiga, no km 10
  • Prezo:
    • Con Bus - Socio - Federado - 10 €
    • Con Bus - Socio - Non Federado - 15 €
    • Sen Bus - Socio - Federado - 5 €
    • Sen Bus - Socio - Non Federado - 10 € 
    • Con Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Federado - 13 €
    • Con Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Non Federado - 18 €
    • Sen Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Federado - 8 €
    • Sen Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto)- Non Federado - 13 €

 - Peche de inscricións: Xoves, 27 de Marzo ás 23:59 horas 

  • 1º Punto de Encontro: Ás 7:30 horas, no Mercadona - Noia    Mercadona - Noia 
  • Ás 9:00 iniciaremos a actividade.

 

 - Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

 - Percorreremos sendeiros que nos levarán ata a Carballeira da Ermida de San Cibrán

 - Poderemos gozar de fermosas vistas si as condicións meteorolóxicas o permiten, dende os Muiños de Vento de Catoira

 - Pasaremos polo entorno da Lagoa de Pedras Miudas

 - Disfrutaremos dun avituallamento, no km 10, situado no lugar de Trasdaveiga

 - Camiñaremos por sendas e pasarelas ata as Ruinas das Torres defensivas do Oeste, onde se celebra o desembarco Vikingo o 1ª Domingo de Agosto

 - Voltaremos ata o punto de orixe onde nos reuniremos previo á volta á casa

 

O Camiño estará sinalizado por fitas Trabandainas, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Aconsellamos levar sempre un vaso ou botellín para reencher de bebida e evitar o consumo innecesario de vasos desbotables
  3. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  4. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 Máis información:

 

 
* Indica campo obligatorio
Patrocinadores oficiales