Ruta polo Encoro do Con a Monte Xiabre

  7 de xullo de 2024
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

Ruta polo Encoro do Con a Monte Xiabre

RUTA POLO ENCORO DO CON A MONTE XIABRE

 7 de Xullo 2024 imos realizar a Ruta polo Encoro do Con a Monte Xiabre

  • Distancia: 18 km 
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento 
  • Prezo:
    • Con Bus - Socio - Federado - 10 €
    • Con Bus - Socio - Non Federado - 15 €
    • Sen Bus - Socio - Federado - 5 €
    • Sen Bus - Socio - Non Federado - 10 € 
    • Con Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Federado - 13 €
    • Con Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Non Federado - 18 €
    • Sen Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Federado - 8 €
    • Sen Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto)- Non Federado - 13 €

 - Peche de inscricións: Xoves, 4 de Xullo ás 23:59 horas 

  • 1º Punto de Encontro: Ás 7:30 horas, no Mercadona - Noia    Mercadona - Noia 
  • 4º Punto de Encontro e Inicio da Ruta: Ás 8:50 no Porto de Carril    Porto de Carril
  • Hai un parking público cercano ao punto de Encontro en Carril, por si no Porto non houbera prazas     Aparcadoiro Público Carril
  • Ás 9:00 iniciaremos a actividade.

 

 - Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

 - Percorreremos sendeiros que nos levarán ao marxe do Río Cons

 - Pasaremos polo entorno do Encoro do Cons 

 - Disfrutaremos dun avituallamento, no km 9, situado no Merendeiro de Fontefría

 - Camiñaremos por unha senda acondicionada para chegar ao Mirador do Monte Xiabre

 - Remataremos na zona do Porto de Carril, onde demos inicio da Ruta e onde nos estarán esperando os nosos vehículos e o bus para voltar a casa para xantar

 

O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Aconsellamos levar sempre un vaso ou botellín para reencher de bebida e evitar o consumo innecesario de vasos desbotables
  3. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  4. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 Máis información:

Rematou o prazo de inscrición
Patrocinadores oficiais