Ruta polo Courel

  16 de Noviembre de 2025

Ruta polo Courel

RUTA POLO COUREL

16 de Novembro, realizaremos unha Ruta polo Courel, dende Ceramo ata Ferramulín. Habería unha variable de 13 Km a fin de evitar un descenso de 800 m ao longo de 2 km

  • Distancia: 15,00 km 
  • Dificultade: Media, aínda que algo técnica
  • 1 avituallamento
  • Prezo:
    • Socios - Federados - 10 €
    • Socios - Non Federados - 15 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Federados - 15 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Non Federados - 20 €

 - Peche de inscriciones: Xoves, 13 de Novembro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 - O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 6:00 no aparcamento do Mercadona - Noia

 - Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Bertamiráns ou Santiago

 - Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

 - Faremos unha parada para desaiunar

 - O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta

 - Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas 

 - A etapa transcurre pola cresta do monte, dende onde visualizaremos unhas fermosas panorámicas dos montes do Courel

 - A baixada a Ferramulín é espectacular, un descenso de 800 m en tan só 2 km, a través dun souto, polo que resultará moi técnico ese último tramo, do que se poderá prescindir

 - Haberá un avituallamento 

 - Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto

 - Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

    * Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

  

  •  O Camiño irá por sendas ao marxe do río, rógase ir ao pendiente, non desprazarse do Camiño e visualizar sempre a algún Colaborador.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 

Más información:

 

 
* Indica campo obligatorio
Patrocinadores oficiales