Ruta polas Fervenzas de Cuntis

  24 de Marzo de 2024
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

Ruta polas Fervenzas de Cuntis

RUTA POLAS FERVENZAS DE CUNTIS

 24 de Marzo 2024 imos realizar a Ruta polar Fervenzas de Cuntis

  • Distancia: 18 km 
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento - No lugar de Ginzo
  • Prezo:
    • Socios - Federados - 10 €
    • Socios - Non Federados - 15 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Non Federados - 18 €

 - Peche de inscricións: Xoves, 21 de Marzo ás 23:59 horas 


• 1º Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona - Noia

• 2º Punto de encontro: ás 7:20 na Parking do Instituto de Espiñeira   Parking de Espiñeira

• 3º Punto de encontro:  ás 7:40 enfrente al Asador Tapería Mondragón en Catoira.  Catoira

• 4º Punto de encontro (para quen non vaia en bus) e inicio da actividade: ás 8:50, en Cuntis Bar A Bolera

 

 - Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

 - Un autobús levaranos ao punto de saída en Cuntis

 - Percorreremos sendeiros ao marxe do Río da Patela, onde poderemos visualizar as Fervenzas de Campaíñas e Hervedo

 - Si as circunstancias nos permiten cruzar o Río, poderiamos visitar o Castro Castrolandín

 - Subiremos ao Monte Castro Sebil

 - Pasearemos por sendeiros ao marxe do Río Umia e Río Gallo

 - Ao remate da Ruta, estaranos esperando o Bus que nos trasladará aos puntos de encontro 

O Camiño estará sinalizado, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 Máis información:

El periodo de inscripciones ha finalizado