Ruta Monte Tahume

RUTA MONTE TAHUME

 10 de Agosto 2025 imos realizar a Ruta por Monte Tahume

  • Distancia: 22 km 
  • Dificultade: Media
  • 1 avituallamento no km 12,0
  • Prezo:
    • Sen Bus - Socio - Federado - 5 €
    • Sen Bus - Socio - Non Federado - 10 € 
    • Sen Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto) - Federado - 8 €
    • Sen Bus - Afiliado (1ª Toma Contacto)- Non Federado - 13 €

 - Peche de inscricións: Xoves, 7 de Agosto ás 23:59 horas 

 

 - Farase entrega dos dorsais donde van indicados os datos de contacto do club

 

O Camiño estará sinalizado por fitas Trabandainas, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

En caso de verse obrigado a desprazarse do camiño é conveniente deixar sempre algún obxecto que indique a súa situación, para non continuar recollendo a marcaxe ata o seu regreso

Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista. Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

    

   PROPOSTA:

Os que así o desexen, poden participar nun Xantar Campestre, ao final da actividade, para o cal cada un aportará algún alimento que compartiremos entre todos os asistentes

Para este fin, vaise acondicionar unha finca onde poderemos aparcar os coches e realizar ese Picnic

Precisamos que indiques a túa decisión de participar ou non no devandito Xantar

Logo acordaremos o material que cada participante ten previsto aportar para organizarnos

 

Importantísimo

  1. Norma Básica: Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro al longo do percorrido.
  2. Aconsellamos levar sempre un vaso ou botellín para reencher de bebida e evitar o consumo innecesario de vasos desbotables
  3. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo e o uso dos bastóns.
  4. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 Máis información:

 

 
* Indica campo obligatorio
Patrocinadores oficiales