Ruta do Socio polas Fragas do Eume

  21 de Septiembre de 2025

Ruta do Socio polas Fragas do Eume

RUTA DO SOCIO POLAS FRAGAS DO EUME

21 de Setembro, realizaremos unha Ruta polas Fragas do Eume, o día da Ruta do Socio

  • Distancia: 14,00 km 
  • Dificultade: Media, aínda que algo técnica
  • 1 avituallamento: Nos paneis de información - parking para bus preto da Antiga Central da Ventureira
  • Prezo:
    • Socios - Federados - 0 €
    • Socios - Non Federados - 5 € 
    • Sen Desplazamento - Federados - 0 €
    • Sen Desplazamento - Non Federados - 5 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Non Federados - 18 €
    • Sen Bus - Afiliado - Federado - 8 €
    • Sen Bus - Afiliado - Non Federado - 13 €

 - Peche de inscriciones: Xoves, 18 de Setembro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 - O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona - Noia

 - Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Bertamiráns ou Santiago

 - Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

 - Faremos unha parada para desaiunar

 - O autobús levaranos ao punto de saída fronte ao Museo Etnográfico de A Capela, para dar inicio á ruta

 - Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas 

 - A etapa transcurre por sendeiros cercanos ao río, polo que resultará algo técnica

 - Haberá un avituallamento no parking para bus cercano á Antiga Central Ventureira, no km 6,5. Será preciso reanudar a ruta antes das 11:00 horas como límite

 - No entorno do Mosteiro, está situada a Taberna de Caaveiro, por se algén desexa tomar algo alí, aconsellamos que sexa despois de visitar o Mosteiro e deberá reincorporarse á ruta antes das 13:00 horas, pois en caso contrario remataríase a ruta demasiado tarde.

 - Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto

 - Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 18:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

    * Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

  

  •  O Camiño irá por sendas ao marxe do río, rógase ir ao pendiente, non desprazarse do Camiño e visualizar sempre a algún Colaborador.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 

Más información:

El periodo de inscripciones ha finalizado
Patrocinadores oficiales