Ruta do Socio polas Fragas do Eume

  21 de Septiembre de 2025
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

Ruta do Socio polas Fragas do Eume

RUTA DO SOCIO POLAS FRAGAS DO EUME

21 de Setembro, realizaremos a Ruta do socio polas Fragas do Eume

  • Distancia: 8,00 km 
  • Dificultade: Media (técnica)
  • 1 avituallamento
  • Prezo:
    • Socios - Federados - 0 €
    • Socios - Non Federados - 5 € 
    • Sen Desplazamento - Federados - 0 €
    • Sen Desplazamento - Non Federados - 5 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Non Federados - 18 €

 - Peche de inscriciones: Xoves, 18 de Setembro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 - O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona - Noia

 - Recollerase aos participantes nos lugares de Noia e Bertamiráns

 - Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

 - Faremos unha parada para desaiunar

 - O autobús levaranos ao punto de saída na antiga Central A Ventureira, para dar inicio á ruta

 - Iniciaremos a ruta ás 10:00 horas 

 - A etapa transcurre por sendeiros cercanos ao río

 - Haberá un avituallamento nun punto onde poida acceder o Bus

 - A hora límite de saída do Mosteiro ou do Mesón será as 12:00 horas. No caso de ser máis tarde, remataríase a ruta demasiado tarde.

 - Intentarase facer unha visita a Fervenza de Mazoca e aos muiños de Senín

 - Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto

 - Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:30 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

    * Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

  

  •  O Camiño irá por sendas cercanas ou río, rógase ir ao pendiente, non desprazarse do Camiño e visualizar sempre a algún Colaborador.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 

Más información:

 

 
* Indica campo obligatorio