Andaguláns25km
 Andaguláns25km
31 de Diciembre de 2020  -  Lugar O Casal, 54, 36861, Pontevedra, España

 

ANDAGULÁNS 25 KM

ASOCIACIÓN RECREATIVA E CULTURAL DE GULÁNS

VII OPEN DE ANDAINAS DE 25 KM DE REGULARIDADE.

DOMINGO 22 DE MARZO DE 2020

IMPORTANTE: APRAZAMENTO SINE DIE POR CORONAVIRUS
 
Guláns, 12 de marzo de 2020
 
Ante as circunstancias de emerxencia sanitaria que estamos a sufrir, dende Andaguláns vémonos na necesidade de APRAZAR a Andaina de Guláns 25 km do próximo domingo 22 de marzo.
A Asociación Artístico Cultural de Guláns, o Clube de Montaña Xistra e Andaguláns senten tomar esta decisión obrigados polas circunstancias que esta a sufrir o noso País.
 
Unha vez superada esta emerxencia sanitaria proporemos nova data para a celebración da nosa Andaina. Todos aqueles andaríns que xa estean inscritos e non podan acudir na nova data, seralles devolto o importe da sua inscrición.
 
A ORGANIZACIÓN

IMPORTANTE: Entre tódolos que se inscriban antes do 9 de marzo, sortearanse 5 inscripcións gratuítas

Benvidos a sexta andaina polas terras de Guláns. Nesta quinta edición camiñaremos polos muíños de auga mais emblemáticos da nosa parroquia.(Algúns estarán traballando).

O obxectivo é pasar un fermoso día primaveral en contacto coa natureza e a historia na compaña de xentes aos que une un único ideario: Goce e respecto ao entorno natural.

O percorrido transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes e sendeiros de cultivo.

Ao tratarse dunha proba de fondo (non moi esixente) convén estar ben preparados e dosificar o esforzo.

Percorrido circular con inicio e fin no Centro Cultural de Guláns (Ponteareas)

Apto para tódolos públicos: mulleres, homes, nenas e nenos.
Unha marabillosa ocasión para camiñar en familia.
Ao final da proba haberá unha comida de confraternidade.

 

Información da Ruta

  • Data: 22 de marzo de 2020
  • Distancia Open: Ruta Circular de 25 km (Deportiva) - Dificultade media.
  • Distancia curta: Ruta Circular de 12 km (Popular) - Dificultade media-baixa.
  • Entre todos os que se inscriban antes do 9 de marzo, sortearanse 5 inscripcións gratuítas
  • Inicio de Inscricións: 3 de febreiro
  • Peche de Inscricións: 18 de marzo, ás 23:59 horas
  • Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas
  • Punto de Saída/Chegada: Centro Recreativo e Cultural de Guláns (Avisoureira, Guláns, Ponteareas).
  • Inicio da Andaina de Guláns25km (Open): 9:00 horas
  • Inicio da Andaina Popular 12 km: 10:00 horas
  • 3 Avituallamentos e comida con callos ao final da ruta, coa entrega de trofeos
  • Prezo: 
    • Andaguláns25km - Federados FEDME/FGM e Socios da Asociación Cultural de Guláns: 10 €
    • Andaguláns25km - Non Federados FEDME/FGM: 13 €
    • Andaina Popular 12 km - Federados FEDME/FGM e Socios da Asociación Cultural de Guláns: 7 €
    • Andaina Popular 12 km - Non Federados FEDME/FGM: 10 €

Especial na Andaina Popular: Os nenos menores de 14 anos non pagan (só para a marcha de 12 km e sempre teñen que ir acompañados dun adulto).

 

Información Xeral

Esta andaina forma parte do Open de Regularidade de 25 km 2020

  • Noia 25 km: 16 Febreiro 2020
  • Marín 25 km: 8 Marzo 2020
  • Guláns 25 km: 22 Marzo 2020
  • Cuntis 25 km: 31 Maio 2020
  • Barbanza 25 km: 27 Setembro 2020
  • Ponteareas 25 km: 25 Outubro 2020
  • Xistra 25 km: 15 Novembro 2020

IMPORTANTE:

  1. A ruta estará debidamente marcada con cintas de cores: amárela e negra, para as zonas comúns e tramo de 25 km; branca e azul para o tramo alternativo de 12 km.
  2. Haberá servizo de avituallamento liquido e sólido.
  3. Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido
  4. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo.
  5. Aconséllase o uso de bastóns de sendeirismo
  6. Haberá servicio de duchas
  7. Os menores de idade deberán ir acompañados, obrigatoriamente, dun adulto que se faga responsable

¡¡¡ANIMÁDEVOS!!!

______________________________________________________________________________________________________________________________________

Organizadores e Colaboradores:

  • Está organizada pola Asociación Cultural de Guláns e o Clube de Montaña Xistra
  • Son colaboradores desinteresados o Concello de Ponteareas e Protección Civil

Máis información: 

 

El periodo de inscripciones ha finalizado
Límite
350
Quedan
258
Ya somos
92
Listado
Andaguláns25km

Puedes contactar con nosotros en andagulans@gmail.com
 

Cargando…