12 de Octubre de 2025
clubtrabandainas@gmail.com
https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175
9ª ETAPA TRABANDAINA CAMIÑO DOS FAROS: PRAIA MOREIRA - PRAIA DE LIRES
O 12 de Outubro, si o tempo o permite, continuaremos o roteiro do Camiño dos Faros - Diseño Trabandaina, e realizaremos a 9ª Etapa dende a Praia Moreira ata a Praia de Lires
- Peche de inscriciones: Xoves, 9 de Outubro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
- O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa
• Punto de encontro: ás 7:00 no aparcamento do Mercadona - Noia
- Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Outes, A Pereira e Baiñas
- Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
- Faremos unha parada para desaiunar
- O autobús levaranos ao punto de saída en Praia Moreira, para dar inicio á ruta desta 9ª Etapa
- Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas
- A etapa transcurre por sendeiros cercanos á costa, na maior parte formados pola sendas dos pescadores
- Haberá un avituallamento na Estrada de Nemiña, no km 9,10
- A hora límite de chegada ao avituallamento será as 11:30 horas. No caso de ser máis tarde, non poderá seguir o percorrido, pois remataríase a ruta demasiado tarde.
- Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto
- Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
- Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 18:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)
- Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo!!!
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!
Más información: