14 de Julio de 2024
clubtrabandainas@gmail.com
https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175
8ª ETAPA GALEGA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: PADRÓN - SANTIAGO
O 14 de Xullo proseguiremos co novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa - Etapa Galega , e realizaremos a 8ª Etapa dende Hotel Scala ata Santiago
- Peche de inscriciones: Xoves, 11 de Xullo, ás 23:59 horas
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
- O Xantar de Confraternidade terá un coste de 20 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa
- Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club
- O autobús levaranos ao punto de salida en Restaurante Scala, para dar inicio á ruta desta 8ª Etapa
- Iniciaremos a ruta si fose posible ás 8:15 horas
- Calculamos á chegada á Igrexa do Pilar, na Alameda, ás 12:30 horas, para continuar coa entrada na calle do Franco e Praza do Obradoiro, acompañados do gaiteiro
- Poderase tomar algo mentras imos recoller as Compostelas á Oficina do Peregrino
- Ás 14:00 horas intentaremos xuntarnos nas escaleiras situadas ao lado esquedo do Pazo de Raxoi, para facer a foto de grupo diante a Catedral, antes de dirixirnos ao bus
- Mudaremos a indumentaria, vestindo a Camiseta Vermella de Gala tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante, onde realizaremos un Xantar conxunto
- Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
> O Camiño irá por sendas ou pistas, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño
> Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
> Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
Importantísimo!!!
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!
Más información: