8 Etapa Camiño Primitivo: Paradanova - A Fontaneira

  5 de Julio de 2026

8 Etapa Camiño Primitivo:  Paradanova - A Fontaneira

CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS

8ª ETAPA: PARADANOVA - A FONTANEIRA 

O 5 de xullo, continuaremos cCiclo do Camiño Primitivo, coa realización da  8ª Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende Paradanova ata A Fontaneira

  • Distancia: 21,1 km 
  • Dificultade: Alta
  • 1 avituallamento,  km 12
  • Prezo:
    • Socios - Federados - 20 €
    • Socios - Non Federados - 25 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Federados - 25 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) - Non Federados - 30 

 - Peche de inscriciones: Xoves, 2 de Xullo, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

- O Xantar de Confraternidade será no Restaurante POR DETERMINAR, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar  

 

•  Punto de encontro: ás 5:25 no aparcamento do Mercadona - Noia

 - Recollerase aos participantes nos lugares de Noia (5:30) e Bertamiráns (5:50)

 - Faremos unha parada para desaiunar no Restaurante O Piñeiral de 8:00 a 9:00

 - O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta

 - Iniciaremos a ruta ás 09:30 horas 

 - A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo

 - Haberá un avituallamento no km 12

 - Se alguén non dese chegado ao Avituallamento, antes das 12:00 horas, terá que realizar o resto do percorrido no bus, pois non daría chegado ao final en tempos

 - Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.

  - Calculamos o remate da ruta ás 14:30 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto as 15:00

 - Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

    * Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

       

  •  O Camiño estará sinalizado en todo momento con vieiras en bronce ou moxóns do Camiño Xacobeo, pero haberá que ir ao pendiente.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.
  •  Convén non relaxar o ritmo durante a ruta, nen pararse excesivamente para facer fotos

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 * Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa

 

 

 
* Indica campo obligatorio
Patrocinadores oficiales