7 Etapa Galega Camiño Portugués pola Costa

  30 de Junio de 2024
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

7 Etapa Galega Camiño Portugués pola Costa

7ª ETAPA GALEGA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: CALDAS DE REIS - HOTEL SCALA

 30 de Xuño proseguiremos co novo tramo do roteiro do Camiño Portugués pola Costa - Etapa Galega , e realizaremos a 7ª Etapa dende Caldas de Reis ata Padrón

  • Distancia: 21,90 km 
  • Dificultade: Baixa
  • 1 avituallamento, km 10
  • Prezo:
    • Socios Federados - 10 €
    • Socios Non Federados - 15 € 
    • Sen Bus - Socio Federado - 5 €
    • Sen Bus - Socio Non Federado - 10 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados - 18 €

 - Peche de inscriciones: Xoves, 27 de Xuño,  ás 23:59 horas   

* PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 - O Xantar de Confraternidade terá un coste de 17 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  1º Punto de encontro: ás 7:30 no aparcamento do Mercadona - Noia      Mercadona - Noia

•  2º Punto de encontro: ás 7:50 no aparcamento do Parking de Espiñeira    Parking de Espiñeira

•  3º Punto de encontro: ás 8:00 na Rotonda inmediatamente despois da saída 11 da Autovía    Rotonda na saída 11 da Autovía do Barbanza

 

 

  - Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

 - Faremos unha parada para desaiunar na Cafetería Día, en Catoira   Cafetería Supermercado Familia

 - O autobús levaranos ao punto de salida en CALDAS DE REIS, para dar inicio á ruta desta 7ª Etapa

 - Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas 

 - Rogamos que non se enrede parando en bares ou cafeterías ao longo do camiño, e se deixe ese requisito para o final, sobre todo si esto implica retrasar o peche, para que a hora de retorno non se faga excesivamente tardía

 - Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria

 - O Xantar de Confraternidade farase no Hotel Scala, que nesta ocasión coincide co punto final de etapa.

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:00 como límite

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

    * Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS 

     

 > O Camiño irá por sendas ou pistas, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

 > Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.

 > Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Como norma xeral, aconséllase beber pequenos grolos en bastantes ocasións; beber sen ter sede e comer, por pequenas cantidades, sen ter fame.
  3. Aconséllase levar vaso ou botellín, para evitar o uso de vasos desbotables
  4. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  5. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 

Más información:

El periodo de inscripciones ha finalizado
Patrocinadores oficiales