6 Etapa Trabandaina Camiño dos Faros

  29 de Junio de 2025
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

6 Etapa Trabandaina Camiño dos Faros
 

 
* Indica campo obligatorio

6ª ETAPA TRABANDAINA CAMIÑO DOS FAROS:  CEMITERIO DOS INGLESES - COSTA DE GRAMAR

29 de Maio, si o tempo o permite, continuaremos o roteiro do Camiño dos Faros - Diseño Trabandaina, e realizaremos a 6ª Etapa dende o Cemiterio dos Ingleses ata a Costa Gramar

  • Distancia: 19,70 km 
  • Dificultade: Media - Alta
  • 1 avituallamento, en Camelle, km 11,30
  • Prezo:
    • Socios Federados - 10 €
    • Socios Non Federados - 15 € 
    • Sen Desplazamento - Federados - 5 €
    • Sen Desplazamento - Non Federados - 10 €
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados - 18 €

 - Peche de inscriciones: Xoves, 26 de Xuño, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!

 * NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!

 - O Xantar de Confraternidade está en trámite, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte

 

 * RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, a fin de non quedar sen praza e para poder informar ao Restaurante coa antelación precisa

 

•  Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona - Noia

 - Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Outes, A Pereira, Baiñas e Cemiterio dos Ingleses

 - Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

 - Faremos unha parada para desaiunar

 - O autobús levaranos ao punto de saída no Cemiterio dos Ingleses, para dar inicio á ruta desta 6ª Etapa

 - Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas 

 - A etapa transcurre por sendeiros cercanos á costa, na maior parte formados pola sendas dos pescadores

 - Haberá un avituallamento no Cruce á Ermida da Virxe do Monte, no km 11,3

 - A hora límite de chegada ao avituallamento será as 12:00 horas. No caso de ser máis tarde, non poderá seguir o percorrido, pois remataríase a ruta demasiado tarde.

 - Calculamos o remate da ruta ás 14:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto

 - Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 18:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)

  • Canto máis axilicemos a ruta, antes poderemos voltar á casa 

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos

    * Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

  

  •  O Camiño irá por sendas de pescadores, que estarán marcadas con frechas e puntos verdes (sinais dos traskis), rógase ir ao pendiente, non desprazarse do Camiño e visualizar sempre a algún Colaborador.
  •  Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.
  •  Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 

Más información:

Patrocinadores oficiales