6 Etapa Camiño Portugués pola Costa: Caminha - Vila Nova Cerveira

  18 de Junio de 2023
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

6 Etapa Camiño Portugués pola Costa: Caminha - Vila Nova Cerveira

6ª ETAPA CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA: CAMINHA - VILA NOVA DE CERVEIRA

18 de Xuño continuamos co roteiro do Camiño Portugués pola Costa , e realizaremos a 6ª Etapa dende Caminha ata Vila Nova de Cerveira

  • Distancia: 17,0 km 
  • Dificultade: Baixa
  • 1 avituallamento, en Esqueiro, km 8
  • Prezo:
    • Socios Federados - 10 €
    • Socios Non Federados - 15 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Federados - 13 € 
    • Afiliados (1ª Toma Contacto) Non Federados - 18 €

 - Peche de inscriciones: Xoves, 15 de Xuño a las 23:59 horas   

 * PRAZAS LIMITADAS !!!


•  Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona - Noia

 - Farase entrega dos dorsais onde van indicados os datos de contacto do club

 - O autobús levaranos ata a zona do mercado de CAMINHA, para dar inicio á ruta desta 6ª sesión

 - Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas (os cálculos de horario faise tomando como referencia a hora española)

 - A etapa transcurre pola beira do mar, polo que a dificultade é moi fácil

 - O ideal será poder realizar una ruta nunha velocidade de 4,5 km/hora como mínimo, preferiblemente a 5 km/hora, para que a hora de retorno non se faga excesivamente tarde

 - Calculamos o remate da ruta ás 13:00 horas, e logo mudaremos a indumentaria

 - Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos limitar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento

 - Salida do autobús, de retorno a casa, ás 16:00 horas, como límite

  • Canto máis axilicemos a ruta, antes poderemos voltar á casa
  • Unha referencia se tomará a partir de la hora de chegada do peche. A partires dese momento darase o prazo de dúas horas para que poida cambiarse e xantar con tranquilidade, dereito que teñen coma os demais

 - Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:

    * Levar cada un a súa comida

    * Comer POLA SÚA CONTA nun restaurante, sempre e cando conten con tempo suficiente ata a hora de saída do bus

     

   SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*

  *** O BUS NON PODERÁ ESPERAR, POIS DISPÓN DUN TEMPO LÍMITE DE DISPOSICIÓN***

 

 > O Camiño irá por sendas ou ecopistas o máis preto posible do mar, habrá sinalizaciones do Camiño de Santiago, rógase ir ao pendiente e non desprazarse do Camiño

 > Como é habitual, entre os participantes irán Colaboradores do Club, con camisetas cor verde que convén non perder nunca de vista.

 > Se non se pode seguir o ritmo do que precede, deberá intentar acompañarse do seguinte grupo.

 * Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse

 

Importantísimo!!!

  1. Norma Básica:  Procurar hidratarse suficientemente nos avituallamentos e reencher os botellíns para ter suministro ao longo do percorrido.
  2. Levar calzado axeitado para o sendeirismo, antiescorregadizo eo uso dos bastones.
  3. Levar unha muda para cambiar a roupa húmida unha vez rematemos a actividade.

¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!


 

Más información:

El periodo de inscripciones ha finalizado
Patrocinadores oficiales