ÚLTIMA ETAPA DO CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS
14ª ETAPA: SANTA IRENE - SANTIAGO
O 29 de Novembro, continuaremos co Ciclo do Camiño Primitivo, coa realización da 14ª e última Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende Santa Irene ata Santiago
- Peche de inscriciones: Xoves, 18 de Novembro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
- O Xantar de Confraternidade será no Restaurante Os Robles, e valórase un coste aproximado de 22 € (Santiago é moito menos económico), que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar
• Punto de encontro: ás 6:30 no aparcamento do Mercadona - Noia
- Recollerase aos participantes nos lugares de Noia (6:30) e Bertamiráns (6:50)
- Faremos unha parada para desaiunar ás 7:30 a 8:00
- O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta
- Iniciaremos a ruta ás 8:00 horas
- A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo
- Haberá un avituallamento, si hai quen non faga a ruta completa aconséllase facer a última parte, para chegar todos xuntos a Santiago.
- Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.
- Calculamos o remate da ruta ás 13:30 horas na Catedral de Santiago, e logo colleremos o bus en Galeras 14:30, tralo que nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto Fin do Camiño Primitivo
- Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 18:00 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)
- Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
* Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa