11º Etapa Senda das Estrelas: Outes - Noia

  28 de Julio de 2019
 clubtrabandainas@gmail.com
 https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175

11º Etapa Senda das Estrelas: Outes - Noia

EVENTO

- Peche de inscricións: 24 de Xullo, ás 23:59h **PRAZAS LIMITADAS**

**A Senda das Estrelas está organizado polo Club Trabandainas coa colaboración do Concello de Noia**

A citada colaboración permite que se poida gozar deste circuito, a prezo simbólico.

Tamén agradecemos a colaboración do grupo Feiraco, que aporta algún dos seus produtos para o avituallamento, que poderemos gozar no transcurso desta etapa.

 

INFORMACIÓN DA ANDAINA

-Hora de encontro: 6:45h
- Punto de saída: Aparcamento ao lado do Mercadona, en Noia. (https://goo.gl/maps/wNSrVWiF81M2)
- Inicio da andaina: 8:00h

- O autobús fará o servizo de apoio durante o transcurso da ruta, dispoñendo de botiquín.

- Ao remate o autobús desprazaranos ata o punto de encontro, en Noia, para poder xantar no fogar.

O custe deste evento consiste en:
>Socios Federados: 4 €
>Socios non federados: 7 €
>Non socios federados: 7 €
>Non socios non federados: 10 €
Que inclúe o desprazamento en autobús, avituallamento, Credencial Fisterrá e seguros.

Recoméndase o uso de zapatos axeitados, antiescorregadizos e bastóns de sendeirismo, así como roupa de abrigo e choiva. Aconséllase, ademais, levar unha muda de cambio, para o remate da ruta.

Teléfono de contacto: 683 35 42 97
Email: clubtrabandainas@gmail.com
Facebook: https://www.facebook.com/Trabandainas-950813728383175/

El periodo de inscripciones ha finalizado