CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS
11ª ETAPA: SAN VICENTE DO BURGO - CASACAMIÑO
O 20 de Setembro, continuaremos co Ciclo do Camiño Primitivo, coa realización da 11ª Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende San Vicente do Burgo ata Casacamiño
- Peche de inscriciones: Xoves, 17 de Setembro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA ORGANÍZASE XANTAR DE CONFRATERNIDADE PARA QUEN DESEXE PARTICIPAR!!!
- O Xantar de Confraternidade será no Restaurante POR DETERMINAR, e valórase un coste aproximado de 18 €, que se cobrarán no bus, aos que desexen formar parte
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar
• Punto de encontro: ás 6:00 no aparcamento do Mercadona - Noia
- Recollerase aos participantes nos lugares de Noia (6:00) e Bertamiráns (6:35)
- Faremos unha parada para desaiunar de 7:15 a 8:00
- O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta
- Iniciaremos a ruta ás 9:00 horas
- A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo
- Haberá un avituallamento,
- Se alguén non dese chegado ao Avituallamento, antes das 12:30 horas, terá que realizar o resto do percorrido no bus, pois non daría chegado ao final en tempos
- Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.
- Calculamos o remate da ruta ás 15:15 horas, e logo mudaremos a indumentaria, tralo que o Bus nos desprazará ata o Restaurante onde realizaremos un Xantar conxunto
- Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
- Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 17:15 como límite (dependendo da hora que poidamos inicialo)
- Os participantes poderán optar por unha das seguintes opcións, para o Xantar:
* XANTAR DE CONFRATERNIDADE, todos xuntos
* Comer POLA SÚA CONTA respectando os horarios establecidos
* SEXA CAL SEXA A OPCIÓN QUE ELIXA, DEBERASE TER EN CONTA COMO LÍMITE A HORA DE SAÍDA DO BUS*
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
* Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa