CAMIÑO PRIMITIVO, AO ESTILO TRABANDAINAS
1ª ETAPA: OVIEDO - PEÑAFLOR
O 25 de Xaneiro, realizaremos iniciaremos o RCiclo do Camiño Primitivo, coa realización da 1ª Etapa, ao Estilo Trabandaina, que nos trasladará dende Oviedo ata Peñaflor
- Peche de inscriciones: Xoves, 22 de Xaneiro, ás 23:59 horas, ou ao cubrirse as prazas do bus
* PRAZAS LIMITADAS !!!
* NESTA ETAPA, POR CUESTIÓNS DE HORARIOS, NON HABERÁ XANTAR DE CONFRATERNIDADE!!!
- Pero imos a realizar un "Xantar Especial" que se irá preparando a medida que os participantes vaian chegando, para axilizar o regreso, xa que temos limitados os horarios pola distancia.
- Estará composto por bocadillo quente, preparado no momento da chegada de cada un + cervezas / viño + postre + café
- Valórase un coste inicial aproximado de 5 €, que se cobrarán no bus. Iremos analizando de cara as seguintes etapas si se cubre o custe con esta cantidade ou non
* RÓGASE NON ESPERAR AO ÚLTIMO DÍA PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN, por mor la LIMITACIÓN DAS PRAZAS, e para VALORAR cantos BUSES imos precisar
• Punto de encontro: ás 5:30 no aparcamento do Mercadona - Noia
- Recollerase aos participantes nos lugares de Noia, Bertamiráns ou Santiago
- Faremos unha parada para desaiunar
- O autobús levaranos ao punto de saída, para dar inicio á ruta
- Iniciaremos a ruta ás 10:30 horas
- A etapa transcurre por sendeiros que estarán marcados con moxóns do Camiño Xacobeo e no percorrido por Oviedo, por Cunchas de Bronce, adheridas no chan
- Haberá un avituallamento, no lugar de L'Escampleru
- Se alguén non dese chegado ao Avituallamento, antes das 13:00 horas, terá que realizar o resto do percorrido no bus, pois non daría chegado ao final en tempos
- Disculpade as limitacións de horarios pero son indispensables, xa que nos temos que adaptar a un longo percorrido, para dar feito este Camiño Xacobeo.
- Calculamos o remate da ruta ás 15:30 horas.
- A medida que os participantes vaian chegando, iráselle preparando o bocadillo quente e complementos, para que vaian comendo, unha vez muden a indumentaria.
- Unha vez cambien a roupa os últimos en chegar, e rematen de xantar, iniciaremos o traxecto de retorno, que deberá ser con anterioridade das 16:30 horas
- Ao ser a viaxe de longo percorrido, debemos axilizar a hora da comida ó mínimo tempo posible, axilizando cada momento
- Salida do autobús, de retorno a casa, ao remate do Xantar, ás 16:30 como límite (se poidera ser, o ideal será saír ás 16:00 ou 16:15 a máis tardar)
* Rógase que non se faga a ruta en solitario, para evitar perderse
* Lembrade que os sinais do Camiño continúan ata Santiago. É preciso ter claro onde imos a rematar cada etapa
Importantísimo!!!
¡¡¡ ANIMÁDEVOS !!!
Más información: